Os avogados pontevedreses sairán á rúa contra Gallardón e en defensa da quenda de oficio
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez
Galicia investiu 10 millóns de euros en Xustiza Gratuíta, un 3,2% máis que no exercicio anterior segundo os datos facilitados en rolda de prensa polo decano do Colexio de Avogados de Pontevedra, Ramón Jáudenes, que destacou este crecemento en 2013 tras dous anos de fortes caídas (-12,9% en 2011 e -15,6% en 2012). "El pequeño incremento de este 2013 es debido a la crisis que incrementó el número de personas que piden el reconocimiento del beneficio de la justicia gratuita y por lo tanto creció el gasto", explicou o decano dos letrados pontevedreses. O pasado ano houbo 11.906 solicitudes de asistencia xurídica gratuíta.
En Pontevedra son 490 avogados, a metade dos letrados exercentes, os que están apuntados á quenda de oficio "ha habido un incremento de un 9% con respecto al año anterior", destacando Ramón Jáudenes que "año tras año los niveles de satisfacción del ciudadano respecto a este servicio son excelentes".
Os avogados pontevedreses alertaron dos efectos negativos que ao seu xuízo terá a Lei de Xustiza Gratuíta, que o ministro Alberto Ruiz-Gallardón, pretende aprobar no Congreso dos Deputados antes do verán.
Esta nova lei "supone una involución y un atraso para los derechos de los ciudadanos y para los propios abogados"
"El turno de oficio supone uno de los pies del banco que conforma este colegio profesional", valorou Jáudenes subliñando que o acceso á Xustiza é un dereito fundamental de toda persoa e unha garantía de que ninguén, por razóns económicas ou doutra índole, poida quedar sen defensa xurídica. Por iso entende que "es preciso que la nueva Ley de Asistencia Jurídica Gratuita garantice la viabilidad económica del servicio con la previsión de que sólo acceda al mismo quien carezca de recursos económicos".
Esta nova lei "supone una involución y un atraso para los derechos de los ciudadanos y para los propios abogados", afirmou o decano pontevedrés, que criticou que o lexislador non estea a ter en conta a opinión dos profesionais implicados neste servizo "por lo que se cometen torpezas a la hora de elaborar la ley", entre outras citou que a nova lei non vincula a prestación do servizo dos avogados ao territorio onde teñen o seu despacho principal.
Dende o Colexio de Avogados de Pontevedra tamén se criticou que o proxecto de Lei non inclúa a gratuidade das prestacións, como a asistencia letrada previa ao proceso xudicial en todo caso, a asistencia aos presos condenados, a designación de profesionais para a acusación particular, a exención de caucións, depósitos e consignacións nin a intervención de mediador, contador, partidor, administrador xudicial ou concursal, intérprete ou tradutor, a pesar de que a intervención dos devanditos profesionais pode ser precisa durante a tramitación do proceso.
Ademais os avogados censuran que se incremente a carga burocrática aos colexios profesionais co obxectivo de que se conceda o mínimo número de recoñecementos de Xustiza Gratuíta, ou que se poñan trabas aos recursos ou que non considere unha retribución digna.
Por estas razóns o Colexio de Avogados de Pontevedresa sumarase o próximo 24 de xullo en Madrid á mobilización convocada polo Consello Xeral da Avogacía, contra as leis postas en marcha polo executivo de Gallardón, especialmente a Lei de Xustiza Gratuíta, pero tamén a Lei de Taxas Xudiciais, pasando pola do Poder Xudicial, ou a lei de Planta.
Relacionadas:
-
Medio millar de avogados pontevedreses prestan servizos na quenda de oficio
Por Redacción |
-
'Todos tenemos agenda'. A reivindicación dos avogados de Tenerife contra a impuntualidade chegará a Pontevedra
Por Redacción |
-
As novas taxas xudiciais recadaron na provincia de Pontevedra 4,4 millóns de euros
Por Redacción |
-
A Audiencia exime o administrador dunha empresa de pagar a taxa xudicial para interpoñer un recurso
Por Oskar Viéitez |
-
Gallardón dá marcha atrás na reforma da Xustiza: manteranse todos os partidos xudiciais
Por Redacción |