Medio millar de avogados pontevedreses prestan servizos na quenda de oficio
Por Redacción
O Colexio de Avogados de Pontevedra ten 1.500 colexiados, dos que 1.000 son ejercientes. Deles os, 501, están subscritos á quenda de oficio. A cifra supón que a metade dos letrados en activo pontevedreses prestan servizos de Xustiza Gratuíta, un porcentaxe mesmo superior ás positivas cifras do conxunto de España. A nivel nacional, os 83 colexios existentes teñen censados máis de 137.000 letrados ejercientes, dos que están subscritos á quenda de oficio máis de 42.700 ou, o que é o mesmo, un de cada tres profesionais (31%) encóntrase adscrito ao servizo da quenda de oficio.
As cifras déronas a coñecer este xoves o decano dos avogados pontevedreses, Ramón Jáudenes e o Consejo General de la Abogacía con motivo do Día da Xustiza Gratuíta e a quenda de oficio, que se celebra o próximo domingo 12 de xullo en toda España. O Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra súmase, un ano máis, á conmemoración reivindicando un servizo público que "gracias a los abogados y a los colegios de abogados funciona con eficiencia y eficacia contribuyendo a mantener la paz social en España".
Ramón Jáudenes e os membros da Xunta de Goberno María Margarita Adrio, Víctor Abilleira e Enrique Ameneiro leron este xoves o manifesto estatal do Día da Xustiza Gratuíta, que sostén que valorar, defender, mellorar a súa calidade e achegar a Xustiza Gratuíta aos cidadáns é un obxectivo básico e irrenunciable da avogacía.
Segundo os datos achegados, os cidadáns tramitaron en 2014 nos colexios de avogados ou a través dos xulgados 969.775 solicitudes de asistencia xurídica gratuíta, o que supón un incremento do 2% con respecto a 2013 cando se recibiron 951.095 expedientes. No Colexio de Pontevedra, que abrangue 11 dos 13 partidos xudiciais da provincia, presentáronse 11.853 solicitudes, sendo o segundo colexio de Galicia con maior actividade, tan só por detrás da Coruña.
Jáudenes defende o traballo realizado polo Colexio de Pontevedra, que atende a 640.000 xusticiables do preto dun millón existentes na provincia, o que significa que presta servizo a dous terzos da poboación da provincia e a un cuarto dos habitantes de Galicia. Os letrados pontevedreses atenden a tantos xusticiables como os colexios de Vigo e Santiago de Compostela xuntos ou de Ourense e Lugo xuntos.
O investimento medio por cidadán en asistencia xurídica gratuíta é de 4,81 euros por ano, mentres que a retribución media ao avogado da quenda de oficio rolda os 125 euros por expediente, cantidade que nos últimos anos descendeu ou se mantén conxelada, nalgúns casos, dende 2003.
Ao respecto, Jáudenes mantivo que os avogados son "el único colectivo que trabaja gratis para las administraciones públicas", pois non só os colexios adiantan dun ano a outro o custo dos gastos de xestión, senón que algúns letrados da quenda de oficio prestan servizos que "no llegan a cobrar" por situacións como que o cidadán non ten domicilio fixo ou non chega a entregar a documentación ou a firma conforme foi beneficiario do servizo.
Relacionadas:
-
Un de cada dous avogados pontevedreses prestan servizos na quenda de oficio, máis que a media estatal
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
En Pontevedra, un avogado de quenda de oficio cobra 2 euros a hora
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O ministro de Xustiza coñece os 178 anos de historia do Colexio de Avogados
Por Redacción |
-
Os avogados de Pontevedra, líderes galegos en tramitación de Xustiza gratuíta
Por Redacción |
-
Os avogados pontevedreses sairán á rúa contra Gallardón e en defensa da quenda de oficio
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
Os avogados pontevedreses reivindícanse fronte a Vigo: están ao servizo de case o dobre de cidadáns na quenda de oficio
Por Redacción |
-
Os avogados da quenda de oficio anuncian unha folga "a regulamento" con carácter indefinido
Por Oskar Viéitez |