A estrada entre Xeve e o Pontillón estrea a súa nova "pel de cocodrilo"
Por Redacción
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou este venres o remate dos traballos de mellora da estrada PO-224 que enlaza o tramo dende o colexio de Xeve ata o Pontillón do Castro, obras executadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
O delegado territorial estivo acompañado nesta visita polo xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, José Luis Díez, polo xefe provincial do Servizo de Infraestruturas de Pontevedra, Fausto Núñez Vilar e polo deputado autonómico do PP, Jacobo Moreira.
A obra, que tivo un orzamento superior ós 210.000 euros, comprendeu diversas actuacións de rehabilitación da rodadura entre os quilómetros 0 e 4 destas estrada, aproveitandose tamén a execución dun pequeno tramo situado a carón do propio embalse do Pontillón do Castro, entre os quilómetros 7,5 e 8.
Os traballos consistiron principalmente no fresado e reposición das zonas de pavimento deterioradas. Nestes traballos levouse a cabo, ademais, a aplicación da coñecida como pel de crocodilo e malla grosa e procedeuse tamén á reposición da sinalización horizontal en todo o tramo.
Nestes traballos de fresado e pavimentado, aplicouse mestura bituminosa en quente e betume asfático, pintándose as liñas de sinalización horizontal e instalando nova sinalización vertical.
O delegado territorial destacou a importancia desta obra de mellora da seguridade viaria, "xa que estamos a falar dunha estrada que utilizan numerosos veciños destas parroquias de Pontevedra". Pola súa banda, o deputado autonómico, Jacobo Moreira aproveitou a visita para solicitar que se faga unha segunda fase de mellora desta estrada, de cara a que se complete a actuación.
OUTRAS ACTUACIÿNS
Na cidade de Pontevedra a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas tamén actuou sobre as estradas PO-542 entre Pino-Pontebora (entre os quilómetros 0 e 5) e na PO-532, estrada de Pontecaldelas (entre o Polígono de O Campiño e as antigas canteiras, o que supuxo catro quilómetros de mellora). Todos estes traballos, que supuxeron un orzamento global de máis de 450.000 euros permitiron mellorar os asfaltados a través de fresado e reposición, con renovación da sinalización horizontal e vertical e repintado.
Relacionadas:
-
Rematan as obras de mellora da seguridade na estrada provincial Verducido-Xeve
Por Redacción |
-
A saída de vía constitúe o tipo de accidente que máis falecidos xerou en 2013
Por Redacción |
-
A Xunta inicia obras de mellora do firme en máis estradas
Por Redacción |
-
Arrancan as tarefas de mellora no entorno do Lago Castiñeiras
Por Redacción |