Arrancan as tarefas de mellora no entorno do Lago Castiñeiras
Por Redacción
O acordo acadado pola Xunta e as catro comunidades de montes que comparten terreos no Lago de Castiñeiras, permitiu que comezasen os traballos de roza e limpeza que se iniciaron na zona norte do parque, en San Xulián.
A limpeza continuará nas parcelas arredor da área recreativa, aínda que se acordou tamén manter no seu estado actual algunhas zonas con matogueira e regatos, xa que se trata dun espazo natural que ten que ser compatible co uso público. Deste xeito, os cavorcos e os regatos son zona de ecosistema dos anfibios e as matogueiras refuxio e alimento de aves.
Tamén se acordou limpar e recuperar o sendeiro de mámoas ata Chan de Armada, o que requirirá un análise por parte de Patrimonio. A Xunta realizará tamén un estudo sobre o custo que terá a recolocación de novos carteis informativos na zona recreativa.
Ademais, se concentrarán os colectores de lixo en dúas zonas: no acceso ao lago e na área recreativa. Sinalizaranse correctamente as zonas de aparcamento e se retirarán os valados que se atopan podres.
De cara ao outono, traballarase con Augas de Galicia para a limpeza do vaso do lago, así como para erradicar do mesmo as especies foráneas invasoras que agora se atopan nel.
Elaborarase un plan estratéxico que permita manter acondicionada a zona e conseguir que se converta en un enclave de interese turístico
Unha das demandas das comunidades de montes será trasladada á Deputación provincial, xa que é competencia dela a estrada de acceso. Neste caso, os comuneiros solicitaron que se sinalice a estrada a 30 quilómetros por hora.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou este mércores o lago de Castiñeiras en compaña da alcaldesa de Marín, María Ramallo, así como do alcalde de Vilaboa, Luis Poceiro, para comprobar o inicio das labores de roza e limpeza deste entorno.
Os representantes municipais acordaron analizar coa administración autonómica un plan estratéxico que permita manter acondicionada a zona e conseguir que se converta en un enclave de interese turístico.
Relacionadas:
-
Xa está aquí o plan de mellora da contorna do Lago de Castiñeiras
Por Redacción |
-
Catro comunidades de montes planean a xestión conxunta de Castiñeiras-Cotorredondo
Por Redacción |
-
A estrada entre Xeve e o Pontillón estrea a súa nova "pel de cocodrilo"
Por Redacción |
-
O BNG responsabiliza á Xunta do abandono de Castiñeiras e insta a tomar medidas inmediatas
Por Redacción |