Novos achados na escavación do Castro das Croas
Por Redacción
O xacemento do Castro das Croas segue sacando á luz novos achados. Estes días apareceron outros dous muíños de mans e fragmentos de cerámica. Neste caso, trátase de fragmentos grandes que se corresponden co borde do recipiente, o que permite saber cal é a forma e a capacidade da cerámica, e tamén varios fondos.
Por outra parte, acharon tamén restos de carbón nos alicerces da muralla, o que permitirá a través de estudos antracolóxicos saber a que especie arbórea pertence esta madeira queimada.
Durante os traballos de limpeza da parte exterior da muralla tamén apareceron dúas estruturas anexas á mesma, que poderían corresponderse con reforzos da muralla. Estase a facer unha cata á beira dunha delas para poder investigar máis sobre a mesma.
XORNADA DE VOLUNTARIADO
Durante as xornadas do luns e o martes desenvolvéronse actividades de voluntariado nas que participaron un total de 12 persoas. Entre as 10.00 e as 12.00 horas, os participantes puideron escavar na zona da muralla e debuxar os perfís da cabana e da muralla.
O xoves haberá unha nova xornada de voluntariado, pero as prazas xa están esgotadas.
MÁIS ACTIVIDADES
O martes día 9, ás 11.00 horas, haberá unha visita guiada na que se explicará a intervención arqueolóxica, e tamén as lendas asociadas ao Castro, así como os usos sociais, económicos e rituais do espazo. Non é preciso inscrición previa.
O venres 12, terá lugar o acto de clausura da intervención, no que se explicarán os resultados da escavación e que rematará cunha actuación musical. Será ás 20.00 horas no Castro das Croas.
Relacionadas:
-
Inician os traballos para consolidar os achados no Castro das Croas
Por Redacción |
-
Localizan un posible petróglifo no muro de peche dunha casa da Armada, en Salcedo
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Continúan as actividades para difundir o Castro das Croas
Por Redacción |
-
"O Castro das Croas é moi importante dentro do proceso de desenvolvemento do mundo castrexo en Galicia"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Achan 42 anacos de cerámica nas escavacións do Castro das Croas
Por Redacción |
-
Inician os traballos de recuperación do Castro das Croas en Salcedo
Por Redacción |
-
A recuperación do patrimonio rural dá un salto adiante cunha escavación arqueolóxica no Castro das Croas
Por Redacción |
-
O Castro das Croas emerxe de entre as silveiras
Por Redacción |
-
Veciños de Salcedo comezan a recuperación dos muiños do Batán
Por Diego Torrado |