Comezan as obras para o desdobramento da Avenida de Vigo
Por Redacción
As obras de desdobramento da avenida de Vigo coa creación dun novo vial de acceso pola zona sur á cidade está previsto que comecen ao longo deste luns 25 de agosto. Os primeiros traballos centraranse no roce das parcelas de titularidade municipal coa presenza de topógrafos que realizarán as medicións para que nos próximos días interveña a maquinaria e se allane o terreo por onde transcorrerá o novo acceso.
A actuación será acometida pola unión temporal de empresas formada por Covsa e Construcións EC Casas cun orzamento de 4.156.000 euros. Os traballos tamén contemplan a reforma do primeiro tramo da actual avenida de Vigo, ata o cruzamento co Instituto Luís Seoane, un carril no nó do Pino, ademais da mellora da avenida da Estación e o tratamento da senda do río Gafos.
PASOS ELEVADOS EN RAÍÿA VITORIA
Tamén está previsto que comecen nas rúas Raíña Vitoria e Alameda as actuacións de mellora da seguridade viaria coa ampliación das beirarrúas e a elevación dos pasos de peóns situados fronte ao Instituto Sánchez Cantón e ante o Hotel Dabarca. Estes traballos suporán a eliminación de catro prazas de aparcamento. Unha intervención similiar realizarase na rúa Alameda nos pasos de peóns situados nas proximidades do cruzamento coa rúa Echegaray.
O orzamento destas obras é de 60.000 euros e deberán estar finalizadas antes do inicio do curso escolar.
Relacionadas:
-
A rúa Estación, en obras a partir de xaneiro; a Avenida de Vigo agardará ata a primavera
Por Alejandro Espiño |
-
O desdobramento da Avenida de Vigo avanza a "un ritmo espectacular"
Por Diego Espiño |
-
A maleza xa deixa ver o desdobramento da Avenida de Vigo
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Os veciños coñecerán en setembro as melloras na Avenida de Vigo
Por Redacción |
-
As obras de desdobramento da Avenida de Vigo xa teñen data: empezarán o 25 de agosto
Por Redacción |
-
Os pasos de peóns elevados en Raíña Vitoria e Alameda, despois das festas
Por Alejandro Espiño |
-
Ratifican a adxudicación a Covsa e EC Casas das obras de desdobramento da Avenida de Vigo
Por Alejandro Espiño |