O edil de Medio Ambiente de Sanxenxo insta a SOS Panadeira a que non desprestixie o seu labor
Por Redacción
O concelleiro de Medio Ambiente de Sanxenxo saíu ao paso das críticas vertidas pola Plataforma SOS Panadeira que asegura que José Luis Rodríguez asistiu a un encontro recente con Pedro Campos, presidente do Club Náutico.
"Nin cenei co presidente do Real Club Náutico de Sanxenxo nin con quen represente a dita entidade, pero só porque non teño a necesidade de facelo pois non tería inconveniente en sentarme á mesa co señor Campos ou con crese oportuno se o desempeño das funcións do meu cargo así o esixise", explicou o concelleiro.
Por este motivo, o edil insta os responsables de SOS Panadeira que cesen no seu empeño por desprestixiar o seu labor "e sexan serios ou polo menos deixen de mentir". E engade, ademais, que á marxe de que o Goberno local estea en desacordo coa construción dos peiraos autorizados por Portos de Galicia "non ten nada que ver con recoñecer que o señor Campos fixo cousas positivas polo municipio, aínda que moitos as descoñezan ou non queiran recoñecelas".