Sanxenxo pedirá a SOS Panadeira que retire os seus carteis reivindicativos porque "afean" o ámbito
Por Redacción
A Policía Local de Sanxexo instará os responsables da plataforma SOS Panadeira a que retiren "as pancartas e demais elementos reivindicativos colocados no ámbito da praza dos Barcos "porque afean un ámbito privilexiado e elixido por milleiros de visitantes".
Esta petición enmárcase nunha actuación xeral do Concello de Sanxenxo, que xa requiriu a todos os establecementos que instalan publicidade na vía pública que a retiren. Ao respecto, dende o equipo de Goberno aseguran que están "en total consonancia coa súa reclamación en contra da construción dun peirao por parte do Real Club Náutico", pero entenden que eses carteis vulneran a normativa e ofrecen unha imaxe negativa nesta zona turística.
Seguindo esta mesma liña de actuación para manter os máximos estándares de calidade de Sanxenxo como destino turístico, a Policía Local denunciará ao responsable dun pub situado no Porto Deportivo Juan Carlos I. Identificóuselle como responsable do abandono de varios sacos de residuos no recinto portuario fóra dos elementos colectores habilitados para iso. Entre os restos encontráronse billetes do citado establecemento e, ademais, visionaron se as imaxes gravadas polas cámaras de seguridade.
O Concello incoará un expediente sancionador porque o citado pub vulnerase a ordenanza municipal de Protección do Medio Ambiente, limpeza pública e recollida de residuos. Os feitos poden constituír unha falta grave ou moi grave, que levan aparelladas multas que van dende os 90 aos 600 euros.
Relacionadas:
-
O edil de Medio Ambiente de Sanxenxo insta a SOS Panadeira a que non desprestixie o seu labor
Por Redacción |
-
A Policía Local de Sanxenxo retira as pancartas de SOS Panadeira
Por Redacción |
-
Rajoy insiste en utilizar a expresión "Sangenjo" durante a entrega da placa do Mérito Deportivo ao Náutico
Por Redacción |