Anova pide ao Concello que suprima o convenio coa empresa propietaria da Praza de Touros
Por Redacción
Anova Pontevedra demanda ao Concello de Pontevedra que suprima o convenio de colaboración que asina coa empresa propietaria da Praza de Touros, 'Plazas y Toros', por un importe de 47.500 euros anuais ao entender que, aínda que sexa dun xeito indirecto, contribúe a "facer viable o negocio" de dita empresa na cidade.
O Concello de Pontevedra fixo público o convenio nos últimos días explicando que lle paga 40.000 euros anuais (47.500 co IVE) á empresa que xetiona a praza a cambio de poder usar as instalacións en datas como a Feira Franca ou a Cabalgata de Reis e, previa petición, tantas veces como sexa necesario sen límite de días, a excepción dos que estean ocupados pola actividade propia da praza (este ano 2, 3, 9 e 10 de agosto).
Dende Anova Pontevedra tamén denuncian a "total opacidade" coa que a Deputación Provincial de Pontevedra subvenciona este tipo de eventos, xa que se nega a ofrecer datos concretos a este respecto. O partido nacionalista pensa que esta actitude é "unha ofensa aos cidadáns e aos contribuíntes".
O colectivo tamén dirixe as súas críticas ao concelleiro de Sanidade Animal de Pontevedra, Miguel Filgueira, por acudir á praza durante a última feira taurina da Peregrina. Considera que é "incoherente" co programa político do seu partido (BNG) e coas responsabilidades públicas derivadas do seu cargo e pídenlle que dea as "pertinentes explicacións" e faga un "rexeitamento público explícito" da tortura animal e dos espectáculos taurinos.
Estas críticas teñen como contrapunto, para Anova, o "éxito" das mobilizacións realizadas durante as dúas últimas fins de semana contra as touradas e o maltrato animal. Na súa opinión, cada ano hai un maior número de cidadáns concienciados e mobilizados contra estas "celebracións da barbarie e da tortura animal".
Relacionadas:
-
Miguel Filgueira: "Cando entrei no BNG xa era taurino"
Por Natalia Puga |
-
Vence (BNG) defende ao Concello das críticas polo convenio da Praza de Touros: "Non financia as touradas"
Por Natalia Puga |
-
5.500 sinaturas en dous días para pedir que se suprima o convenio municipal coa Praza de Touros
Por Natalia Puga |
-
47.500 euros anuais para a praza de touros
Por Diego Espiño |
-
Moreira acusa de "cínico" a Lores por criticar as corridas de touros mentres subvenciona a empresa da praza
Por Redacción |
-
Carme da Silva: "Asinamos un convenio coa praza porque nos interesa utilizala"
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Concorrida manifestación contra os festexos taurinos en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Rodean a praza de touros cunha cadea humana para esixir a abolición da tauromaquia
Por Redacción |