Que sucedeu coas camelias da Ferrería?
Por Alejandro Espiño
Esa é a pregunta que tratan de responder os técnicos do servizo de Parques e Xardíns do Concello de Pontevedra. Hai unhas semanas detectaron que dúas das camelias que rodean a praza da Ferrería non estaban en bo estado. Trátase dos situados xusto en fronte da cafetaría San Francisco. Por causas que se descoñecen secáronse e son xa irrecuperables.
Así o confirmou a PontevedraViva a concelleira responsable de Medio Ambiente Natural, Anxos Riveiro. Asegura que os técnicos están a estudar os motivos polos que estas árbores morreron. Descartan en todo caso que se tratase dunha praga que poida chegar a afectar ao resto de camelias.
Dende o goberno municipal, aínda que prefiren non se aventurar demasiado, sospeitan dun posible exceso hídrico, debido ás chuvias destes últimos meses, pero iso determinarano tras as análises que se realizaron na zona.
En todo caso, ambas as dúas camelias repoñeranse por outras novas. Haberá que esperar, sinala Anxos Riveiro, á época de floración, pero asegura que A Ferrería "non perderá ningunha das súas árbores, por suposto que se retirará os que están mortos e substituiranse por outros".