Novas camelias para A Ferrería
Por Mónica Patxot
O Concello repón con novas camelias os ocos que deixaran os exemplares desaparecidos na praza da Ferrería. Este venres persoal de Viveros Acroa procedeu a plantar dous exemplares desta árbore.
Algunhas foron vítimas dos canallas e outras fóronse secando "misteriosamente", polo que os operarios municipais retiraron aquelas árbores onde a súa recuperación non era posible.
Repuxéronse as catro camelias, repartidas por distintos puntos da praza.
A concellaría de Parques e Xardíns tamén ten previsto engadir novos bancos na parte baixa da praza, xunto aos soportais da rúa San Román.
Xunto con estas dúas actuacións, o goberno municipal anunciou que substituirá os quioscos da praza "por estruturas máis acordes co ámbito histórico no que se encontran".