Comezan os traballos de limpeza do canal do río Lérez
Por Redacción
Desde primeira hora da mañá, varios mergulladores comezaron a realizar as tarefas de limpeza do río Lérez. Tal e como se avanzara hai uns días, estes traballos execútanos entre as empresas concesionarias da recollida do lixo e de subministración de auga potable, Cespa e Viaqua. Está previsto que estas tarefas de limpeza continúen ata o próximo xoves.
O obxectivo destes traballos de limpeza da canle do Lérez é retirar todos aqueles elementos de arrastre do río ou que acabaron nas súas augas como ramas, troncos, valados ou sinais, especialmente por mor dos temporais do inverno.
Os mergulladores comezaron a retirar a man os materiais máis lixeiros que foron encontrando e sinalizando o resto. Máis tarde incorporouse unha barcaza para extraer obxectos máis voluminosos.
Farase estes días despois de que os técnicos municipais estudaran a influencia das mareas nestes traballos, concluíndo que este é o momento idóneo para facelo.
Actuarase entre a Ponte da Barca e as inmediacións da praia fluvial. Posteriormente tamén se limpará o canal do río Rons, na súa desembocadura no Lérez.