Lores e Moreira votan xuntos a favor da planta de compostaxe e Louro abstense
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do BNG atopou este luns un inusual aliado para sacar adiante un dos seus proxectos estrela, a planta de compostaxe que impulsan da man da Deputación provincial. Os concelleiros do Partido Popular votaron a favor da iniciativa mentras que os socios de goberno, os tres ediles do Partido Socialista, abstivéronse.
O voceiro popular Jacobo Moreira condicionou o seu apoio futuro á que a localización da instalación non atope oposición vecinal, un aspecto criticado polo BNG. O seu voceiro César Mosquera dixo que "andan vostedes coa escopeta cargada, porque senón hai agora veciños afectados xa os inventarán despois".
Moreira xustificou o apoio do seu grupo ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, por "coherencia con su compromiso público de apoyar inicialmente a Lores cuando presentase su alternativa a Sogama", e "por reconocimiento a la valentía mostrada por Louzán en su día al abanderar una solución provincial conjunta a la recogida y tratamiento de basura".
A oposición insistiu tamén nas "moitas dúbidas" que acollen sobre o futuro da iniciativa no caso concreto da capital pontevedresa.
"ÿ cómico ver á BNG seducido por Louzán", dixo Antón Louro
Pola súa banda o voceiro socialista, Antón Louro insistiu en que o proxecto de planta de compostaxe "é unha simple idea, incerta e sen éxito noutras experiencias" e cualificou como "patético" ao PP, "xa que se evidencia que están ás órdes de Louzán" e dixo tamén que "e cómico ver á BNG seducido por Louzán" e lembrou o exemplo da empacadora de Vilaboa "no que o Bloque, nunha amplia dosis de demagoxia sacou a xente á rúa".
Dito isto Antón Louro anunciou que "o PSOE non pode aprobar o que se nos propón, pero tampouco queremos ser un obstáculo, e non lle imos decir que non".
"Esperabamos a postura do PSOE xa que na súa executiva provincial acordaron sabotear o Plan de Residuos da Deputación", dixo Mosquera, "e tamén sabemos que cando pase algún tempo deixarán de poñer paos para subirse ao carro", engadiu.
Relacionadas:
-
O Pleno da Deputación ratificará o venres o acordo con Pontevedra pola planta de compostaxe
Por Redacción |
-
A Mancomunidade de Montes de Pontevedra reclama que a planta de compost se ubique en terreo industrial
Por Oskar Viéitez |
-
60 familias de Xeve, Verducido e Cerponzóns sumaranse ao programa de compostaxe caseiro
Por Alejandro Espiño |
-
Os comuneiros que acollan a planta de compostaxe deberán ceder, como mínimo, 20.000 metros cadrados
Por Alejandro Espiño |
-
O PP local condiciona o seu apoio á planta de compostaxe a que a súa instalación non atope oposición veciñal
Por Redacción |
-
A planta de compostaxe conta co apoio de veciños, comunidades de montes e asociacións ecoloxistas
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O PSOE abstense ante o proxecto da Planta de Compostaxe, que promoven o PP e o BNG
Por Redacción |