O PP local condiciona o seu apoio á planta de compostaxe a que a súa instalación non atope oposición veciñal
Por Redacción
O grupo municipal do Partido Popular en Pontevedra apoiará no próximo pleno o protocolo asinado este venres entre Deputación e Concello para a creación dunha planta de compostaxe no municipio.
Con todo, segundo revelou Jacobo Moreira nun comunicado, farao sempre que a instalación non atope o rexeitamento veciñal.
Moreira sinalou que "o que non permitiremos baixo ningún concepto e que Lores faga con esta instalación o mesmo que cos crematorios, que sinale a unha comunidade veciñal como prexudicada, como pasou coa Parda, sen molestarse sequera en escoitar os seus argumentos nin reunirse cos residentes".
Esta planta, pensada como un proxecto intermunicipal para atender a máis de 20 concellos, está impulsada desde a administración provincial, que fai máis dun ano iniciou conversas con diferentes alcaldes co apoio do BNG.
A pesar do acordo entre a propia Deputación e o Concello, o grupo municipal do PP en Pontevedra entende que aínda hai moitos aspectos no aire, como a viabilidade da instalación ou un calendario de actuacións "realista e concreto".
Relacionadas:
-
Lores e Moreira votan xuntos a favor da planta de compostaxe e Louro abstense
Por Oskar Viéitez |
-
A planta de compostaxe conta co apoio de veciños, comunidades de montes e asociacións ecoloxistas
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O PSOE abstense ante o proxecto da Planta de Compostaxe, que promoven o PP e o BNG
Por Redacción |