A concesionaria do matadoiro presentará un ERE de suspensión para os 22 traballadores
![Natalia](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/9b5/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/577f8fbb69-hkm23_ri.jpg)
Por Natalia Puga
A empresa concesionaria do matadoiro municipal, Carnifex, solicitará a aprobación dun Expediente de Regulación de Emprego (ERE) de suspensión de actividade para os 22 traballadores das instalacións que permanecen pechadas dende o 30 de abril por orde da Consellería de Sanidade.
O propietario da empresa, Juan Iglesias, indicou este mércores que os 22 traballadores seguen contratados en iguais condicións que antes da suspensión preventiva do matadoiro de hai unha semana, pero non están a acudir ás instalacións porque non hai traballo. A empresa non pode seguir facéndose cargo do pagamento dos salarios ao non poder abrir, de modo que solicitarán o ERE.
Este mércores si acudiron ao matadoiro pola mañá porque o martes a Consellería de Sanidade levantou o precinto que mantiña retidas unhas 100 reses xa certificadas nas cámaras frigorificas. Entregáronllas aos seus propietarios e a última hora da mañá tan só quedaban pendentes de recoller dúas pezas.
Juan Iglesias confirmou que ningún dos particulares, gandeiros e empresarios que tiñan alí as súas reses optaron por deixar a carne no matadoiro por entender que xa non reúne as condicións de máxima calidade esixibles tras pasar unha semana nas cámaras sen poder comercializarse. Esa carne pasou todos os controis sanitarios e as análises de Sanidade confirmaron que reúnen as condicións de calidade e salubridade, pero algúns afectados sinalaron nos últimos días a posiblidade de que cando puidesen finalmente recollelas tivesen perdido calidade.
Nestes momentos, Carnifex está intentado descubrir cales foron os motivos que levaron á suspensión para poder recorrela e volver abrir as instalacións e, unha vez solucionada esa situación, estudarán pedir algún tipo de indemnización polos danos económicos ocasionados. Considera que aínda é moi pronto para facer unha valoración das perdas.
Relacionadas:
-
Un xulgado anula a multa de 14.000 euros de Sanidade ao matadoiro tras o peche cautelar de 2014
Por Natalia Puga |
-
O xulgado pide información á Xunta sobre as medidas necesarias para reabrir o matadoiro
Por Natalia Puga |
-
A empresa concesionaria do matadoiro entra en concurso de acredores
Por Oskar Viéitez |
-
O PP intentará actuar de mediador para desbloquear o peche do matadoiro
Por Oskar Viéitez |
-
Preocupación entre os traballadores ante a falta de noticias sobre a reapertura do Matadoiro
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Sanidade retira o precinto da carne retida, pero mantén pechado o matadoiro
Por Natalia Puga |
-
O goberno local indica que a Xunta continúa sen notificarlle o peche do matadoiro
Por Redacción |
-
Afectados polo peche do matadoiro denuncian "daños irreparables" e defenden a calidade da carne precintada
Por Natalia Puga |