Sanxenxo é o municipio galego con máis praias accesibles
Por Redacción
O concelleiro de Medio Ambiente, José Luis Rodríguez, asegura que Sanxenxo é o municipio galego con máis praias accesibles. O reto é seguir aumentando a accesibilidade das praias "ao máximo nivel establecido pola nova normativa", apuntou.
Para iso, o edil delegado desta área mantivo un encontro con representantes da Confederación Galega de persoas con discapacidade (Cogami), que colabora coa Administración local á hora de determinar as necesidades a implementar para avanzar na consecución do plan 'Praias sen límites'.
Actualmente son cinco os enclaves con Bandeira Azul que polas súas prestacións son utilizados habitualmente por veciños e visitantes con mobilidade reducida. Se trata de Silgar, Baltar, Caneliñas, Canelas e Major, onde é posible chegar ata a area seca sen sortear bordos nin ramplas con desnivel superior ao 6% e que contan con estacionamento reservado, pasareas, aseos adaptados e cadeiras anfibias a disposición dos usuarios nos módulos de salvamento co apoio dos socorristas.
Aínda que doutras nove praias con ecodistintivo, catro presentan un nivel practicable e tres convertible, a Administración local aposta por centrar os esforzos en lograr a adaptabilidade total no areal de Baltar.
"O estudo realizado reflicte que esa praia urbana reúne ás condicións idóneas para elo en canto a fisionomía e correntes de auga", apuntou o edil.
Precisamente, Baltar é un dos areais, xunto con Silgar e Canelas, nos que se emprazará unhas zonas de sombra xestionadas ante a Deputación de Pontevedra, consistentes en pérgolas de 18 m2. Nestes espazos tamén se distribuirán outros 240 metros lineais de pasarenas de 1,5 metros de ancho.
Relacionadas:
-
O concello de Sanxenxo aspira a conseguir 15 bandeiras azuis para a campaña estival de 2015
Por Redacción |
-
118 personas optan a traballar este verán na vixilancia das praias de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Silgar xa respira ambiente de verán en plena Semana Santa
Por Redacción |
-
Sanxenxo pide permiso a Costas para instalar en once praias os quioscos, hamacas e hidropedais
Por Redacción |