Sanxenxo pide permiso a Costas para instalar en once praias os quioscos, hamacas e hidropedais
Por Redacción
A Xunta de Goberno local deu o visto e prace o venres ao plan de ocupación con servizos de tempada nas praias do municipio que o Concello de Sanxenxo remitiu este luns ao Servizo Provincial de Costas para a obtención da autorización pertinente.
A Administración local aposta por que o próximo verán sexan de novo once os areais que dispoñan de equipamentos, nos que se distribuirán un total de 15 quioscos, unha casetas, 63 hidropedais, 333 hamacas e 32 piraguas.
Aos areais de Silgar, Canelas, Areas, Baltar, Paxariñas, Montalvo, Major, Pragueira, Foxos, Area Gorda e Nanín, hai que sumar outras ocupacións que, pola súa localización, están afectadas polos deslindes marítimo-terrestres e que, polo tanto, precisan da luz verde de Costas, como é o caso dunha terraza de 30 metros cadrados na rúa Progreso de Sanxenxo ou o anexo, de 32 m2, do quiosco situado no Parque do Espiñeiro, en Portonovo, no que se encontran os servizos públicos.
A Administración local tamén requiriu permiso para unha caseta para surf de 14,40 m2 a instalar na zona da Lanzada.
Relacionadas:
-
Costas autoriza a instalación de 15 quioscos nos areais de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Sanxenxo é o municipio galego con máis praias accesibles
Por Redacción |
-
Solicitan a instalación de 21 quioscos nas praias de Poio, Bueu e A Illa
Por Redacción |
-
O Grove, Sanxenxo, A Illa e Vilagarcía reciben o material necesario para facer as súas praias accesibles
Por Redacción |
-
Silgar, Baltar e Canelas contarán este ano con zonas de sombra
Por Redacción |