Pontevedra quere acreditarse coma cidade 'amiga dos chineses'
Por Redacción
A concelleira de Turismo, Carlota Román, entrevístouse este luns con Penny Dai, representante do consorcio empresarial "Chinese Friendly Internacional" encargado da acreditación dos destinos e empresas "amigas dos chinos".
En España tan só Sevilla e Zaragoza teñen acadado a etiqueta de "cidades amigas dos chinos". O proceso, que dura máis dun ano, inclúe un plan de formación, perfilado do produto, un plan de calidade e outro de comunicación.
"Chinese Friendly Internacional" é unha marca rexistrada nos 27 países da Unión Europea, xunto con Brasil e India. Actualmente está a rexistrarse tamén nos Estados Unidos. Está formada por socios individuais e o seu capital e nun 100% privado. Dedícase a cualificar destinos, cidades e empresas do sector turístico (axencias, hoteles, restaurantes, comercio...) e axúdaas a formarse e a introducirse na comunicación no mercado chino.