A revolución da Camelia
Por Oskar Viéitez
O Congreso Internacional da Camelia supuxo un balón de osíxeno para o sector hostaleiro de Pontevedra. Este evento conseguiu que se superase o 80% de ocupación en boa parte dos hoteis da cidade e tamén en Vigo.
Esta ocupación continuará durante a próxima semana, dado que son máis de 125 os congresistas que permanecerán na provincia unha vez rematadas as sesións técnicas, co obxectivo de seguir coñecendo os xardíns e os atractivos desta provincia.
Durante este postcongreso, as delegacións dos diferentes países que permanecerán en Pontevedra hospedaranse en hoteis de Sanxenxo e terán ocasión de visitar boa parte das comarcas da provincia, achegándose tanto a diferentes xardíns como a empresas dedicadas ao cultivo e comercialización de camelias.
TURISMO E PRODUTOS AGROALIMENTARIOS
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, destacou que despois deste congreso "a camelia toma unha nova magnitude na provincia" e se xa era unha parte destacada da nosa paisaxe, agora convértese en motor turístico e de dinamización económica.
Un bo exemplo é o interese amosado pola delegación da prefectura autónoma de Dalí, en China, que será a próxima sede do Congreso Internacional da Camelia en 2016 e que, durante a súa estadía en Pontevedra para recoller as credenciais que a acreditan como tal, amosaron o seu interese en establecer relacións de intercambio turístico e comercial coas Rías Baixas e Galicia.
Relacionadas:
-
Quince empresarios chineses visitarán as Rías Baixas, interesados no albariño e o aceite de camelia
Por Redacción |
-
Pontevedra quere acreditarse coma cidade 'amiga dos chineses'
Por Redacción |
-
O Pazo de Rubiáns, o segundo Xardín de Excelencia Internacional
Por Redacción |
-
As Rías Baixas, capital internacional da camelia ante 16 países
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |
-
Juan Mejuto presenta unha exposición de fotos sobre 'Camelia, la flor'
Por Redacción |
-
A pianista xaponesa Mine Kawakami ofrecerá concertos gratuítos en Pontevedra, Vilagarcía, e Vigo
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Álex Vázquez invita a unha viaxe "de camelias" dende Oriente ás Rías Baixas
Por Redacción |