O Concello celebra que a Feira Franca funcionara "como un auténtico reloxo"
Por Alejandro Espiño
O goberno municipal de Pontevedra celebrou o éxito que, un ano máis, obtivo a Feira Franca. E máis, defendeu o edil responsable de festas, Demetrio Gómez, cando foi "unha das máis complexas de organizar" polas condicións climatolóxicas.
"Foi unha Feira Franca realmente emocionante", sinalou o concelleiro pontevedrés, que recoñeceu que a organización da festa traballou "cos nervios a flor de pel" para que todo funcionase "correctamente", especialmente na madrugada do venres ao sábado.
A pesar de que a organización foi "complexísima", Gómez destacou que "saiu todo perfectamente" e todos os que participaron desta celebración "non tiveron que preocuparse por nada" e puideron gozar dela sen que se rexistrasen incidentes.
Ademais, engadiu que o domingo toda a cidade "estaba perfectamente organizada para retomar a normalidade", polo que agradeceu o traballo de todos os servizos municipais e das empresas que colaboraron coa organización.
A iso, Demetrio Gómez sumou o recoñecemento a todos os pontevedreses e pontevedresas por demostrar que "saben saír á rúa, gozar da festa e da cidade", contribuíndo a que a Feira Franca, ano tras ano, "vaia como un auténtico reloxo".
Relacionadas:
-
VÍDEO.- Así animaron o día os pasacalles e grupos folclóricos
Por Cristina Saiz | Creada e actualizada
-
Festa medieval por todos os recunchos do centro da cidade
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
E Pontevedra volveu tomar a rúa na Feira Franca
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Vibrante torneo medieval na Feira Franca 2024
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Oficios medievais da Feira Franca retornan en tempos dixitais
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Comida e sol maridan no centro histórico nesta Feira Franca
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Hai Feira Franca "ata que o corpo aguante"
Por Almu Dapena |
-
Envía a túa foto: así está a vivirse a Feira Franca nas rúas de Pontevedra
Por Redacción |
-
Nunca choveu que non escampara... para celebrar a Feira Franca
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
VÍDEO.- Benvida triunfal á Feira Franca!
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |