O Río Verbena Fest, en cifras: 19.000 asistentes e un impacto económico de 5 millóns de euros
Por Natalia Puga
A terceira edición del Río Verbena Fest, que se celebrou a pasada fin de semana no recinto feiral de Pontevedra, fai balance e os seus organizadores conclúen que tivo un "éxito rotundo", consolidándose como unha "cita imprescindible" no calendario festivo pontevedrés e galego.
Segundo as cifras difundidas este xoves, un total de 19.000 persoas asistiron ao festival, esgotando as entradas e abonos.
Esta elevada participación derivou nun impacto económico que se estima en case 5 millóns de euros, cun gasto medio de 250 euros por asistente.
O festival deixou grandes momentos para o recordo, como a pedida de man do cantante de Son Das tabernas, Johnny Güimil, á súa parella, Naza González, en plena actuación, ou concertos de asistencia especialmente masiva como o de Viva Suecia o venres ou Amaral o sábado.
Precisamente, Eva Amaral pronunciou unha das frases que destacan desde a organización á hora de facer balance. "Se o ceo existe, fálase en galego", proclamou #ante un recinto completamente cheo en Pontevedra.
Para os organizadores, Esmerarte Industrias Creativas e La Gramola, a "impresionante" afluencia desta edición non só reafirma ao Río Verbena Fest como un festival destacado no calendario galego, senón que tamén posiciona a Pontevedra como "un destino crave na axenda musical nacional".
Durante 2 días, 20 artistas, tanto consagrados como emerxentes, nacionais e locais, levaron a súa música aos dous escenarios principais do festival: Xacobeo e A Gramola. O venres foi a quenda de Dani Fernández, Viva Suecia, Mikel Erentxun, Siloé, Vicco, Michenlo, Four Passengers, Son Das Tabernas e Joana Romero. O sábado, con todas as entradas esgotadas, foi a quenda de Amaral, Lori Meyers, Los Zigarros y Baiuca, xunto a Sarria, Alcalá Norte, Mamasunción, Nebulossa, Black Stones e Law.
Nesta edición, o festival estendeu o seu alcance máis aló do recinto feiral, levando a música ás rúas de Pontevedra ao longo da semana previa coas ‘Sesións Verbeneiras’. Estes concertos gratuítos foron recibidos "con gran entusiasmo" por centos de persoas e destacaron a riqueza musical da provincia, fortalecendo a conexión entre o festival e a comunidade local.
A organización del Río Verbena Fest quere agradecer ao público, xunto aos patrocinadores públicos e privados, que axudaron a colaborar en que o festival sexa posible: Concello de Pontevedra, Xunta de Galicia, Xacobeo, Estrela Galicia, SMUSIC, Gadis, Better Balance, Macaronesian, Vermú Peregrino, Stellantis, FNAC, PontevedraViva, Diario de Pontevedra e SER Pontevedra.
Relacionadas:
-
Revolución musical para apurar as noites de agosto
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
"Éxito indiscutible" do Río Verbena Fest, con afluencia "masiva" e a ocupación hoteleira ao 100%
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
VÍDEO.- Dun festival, unha voda: Johnny Güimil pide matrimonio á súa parella desde o escenario
Por Natalia Puga |
-
Música, da clase que sexa: "Que levante la mano quien tiene ganas de festival"
Por Cristina Saiz & Natalia Puga |
-
Río Verbena agarda 9.000 persoas cunha proposta "moi universal" consolidada na súa terceira edición
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |