‘A era das fábulas' sae á rúa e convida á cidadanía a crear as súas versións de Kandinsky, Manolo Moldes e Inês Zenha
Por Redacción
A exposición ‘A era das fábulas. A arte e o poder rexenerador da fantasía’, que xunta as coleccións do Museo de Pontevedra, a Fundación María José Jove (FMJJ) e TBA21 Thyssen-Bornemisza Art Contemporary, sairá á rúa este venres 30 de agosto.
Entre as 11:00 e as 13:00 horas, as persoas que se acheguen á praza da Peregrina de Pontevedra poderán establecer un diálogo creativo con obras de Vasili Kandinky, Manuel Moldes e Inês Zenha presentes na exposición do Museo de Pontevedra.
Disporán de lenzos con diferentes materiais de traballo (pinturas ao óleo, pasteis, rotuladores...) e a premisa de completar obras xa iniciadas, imaxinar novas cores para os cadros ou ben reproducilos libremente. As obras das que partirán as persoas participantes son ‘Home na terra’ (1987-1988), de Manuel Moldes; ‘Rampant’ (1934), de Vasili Kandinsky; e unha das pezas que forman o políptico ‘Entanglements I-VI (2003), de Inês Zenha.
Segundo a información facilitada pola Deputación Provincial, trátase dunha actividade aberta a persoas de calquera idade para a que non é necesaria a inscrición previa.
Será a segunda vez que os lenzos saian á rúa para convidar a interactuar artisticamente coas obras desta exposición. O pasado 24 de xullo realizouse unha primeira experiencia na praza de Curros Enríquez.
Ata o 26 de setembro o Museo organiza cada xoves, ás 18:00 horas, unha visita guiada á exposición. As visitas, a cargo do equipo de Educación do Museo de Pontevedra, son de balde e para asistir non é necesaria a inscrición previa.
Ademais, é posible concertar visitas para grupos noutro horario escribindo a educacion.museo@depo.gal.
O 25 de setembro, na última semana antes do peche da exposición, celebrarase un seminario con conferencias e mesas redondas ao redor dun dos temas tratados en ‘A era dás fábulas’: a relixiosidade popular, os exvotos e outras ofrendas.
Relacionadas:
-
O Museo retoma os obradoiros en familia sobre a exposición 'A era das fábulas'
Por Redacción |
-
O Museo volve sacar á rúa 'A era das fábulas': "É unha iniciativa fabulosa"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Os obradoiros "Art Lab" achegarán aos nenos á exposición 'A era das fábulas'
Por Redacción |
-
Comezan as visitas guiadas á exposición 'A era das fábulas' no Museo de Pontevedra
Por Redacción |
-
O Museo convida á cidadanía a explorar a súa creatividade sacando á rúa 'A era das fábulas'
Por Oskar Viéitez |
-
Inaugurada 'A era das fábulas' no Museo: “A mellor exposición dos últimos vinte anos”
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
"A era das fábulas", a exposición coa que o Museo quere ser un "faro de cultura"
Por Alejandro Espiño |