VÍDEO.- Dun festival, unha voda: Johnny Güimil pide matrimonio á súa parella desde o escenario
Por Natalia Puga
E dun festival, sairá unha voda. De Río Verbena Fest, o enlace entre o cantante de Son Das Tabernas, Johnny Güimil, e a súa parella, Naza González.
Este profesor de música veciño de Barro que durante o confinamento pola pandemia da covid-19 saltou á fama por animar as xornadas de todos os seus veciños con música, aproveitou a actuación da súa banda no recinto feiral de Pontevedra para unha pedida de man moi musical.
"Ay, pequeniña, teño que dicilo, aquí en Pontevedra mellor que outro sitio", comezou, nun momento no que a co protagonista do momento subira ao escenario.
Con ela xa cun sorriso na boca, colleu un anel, e anunciou: "Quero casarme contigo, xa mo pide o corazón". Axeonllouse e logrou un si da súa parella a esta proposición de matrimonio.
No escenario e no público corearon "Ei, dixo si" mentres o resto da banda resumía: "el pediulle casamento".
Apertas, bicos, as bágoas de Güimil e os aplausos do público selaron a petición, que durante o resto da noite foi tema de conversa habitual en todo o festival.
Relacionadas:
-
O Río Verbena Fest, en cifras: 19.000 asistentes e un impacto económico de 5 millóns de euros
Por Natalia Puga |
-
Revolución musical para apurar as noites de agosto
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Música, da clase que sexa: "Que levante la mano quien tiene ganas de festival"
Por Cristina Saiz & Natalia Puga |
-
Río Verbena agarda 9.000 persoas cunha proposta "moi universal" consolidada na súa terceira edición
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
O festival Río Verbena dá a coñecer os seus horarios
Por Diego Espiño |