Retiran as letras de "Pontevedra" da Praza de Ourense
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
Nestes tempos nos que as redes sociais marcan tendencia todas as cidades apostan polo valor visual que achegan os letreiros xigantes como parte da súa topografía urbana.
Estes letreiros xigantes son punto de referencia para turistas e locais onde sacarse fotos para compartir e presumir. Un selfie anuncio perfecto que ademais do márketing turístico, se se deseña ben, pode funcionar como mobiliario urbano.
Na Boa Vila, en pleno mes de agosto e na véspera do inicio da Semana Grande das Festas dá Peregrina o Concello retirou o letreiro de "Pontevedra" da Praza de Ourense.
Segundo explicou a alcadesa en funcións, Eva Vilaverde, foi unha decisión da Concellería de Servizos Urbanos Básicos, que dirixe Xaquín Moreda, ante o mal estado que presentaban.
De modo que por cuestión de "mantemento" xa que "estaban algo deterioradas" retiráronse e agora esta Concellería valorará "se se manteñen con ese mesmo formato ou se renovan".
Segundo explicou Eva Vilaverde "en principio, vaise a ver de arranxalas, a ver como quedan, senón, pois cambiálas con outro formato".
O que se se corrixirá é a presenza da chapa metálica na base, un elemento que gustaba moito aos nenos e molestaba a veciños e residentes, xa que facía moito ruído cando correteaban encima dela.
Relacionadas:
-
O rock máis puro de El Drogas sobe o pano das Festas da Peregrina
Por Redacción & Mosrey Fotografía |
-
A Batalla de Flores deste martes obriga a establecer restricións de tráfico
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello de Pontevedra "ponse ao día" coas subvencións a clubs deportivos
Por Oskar Viéitez |
-
A contratación o alumeado das festas e o mantemento da sinalización da Boa Vila
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra, "localidade pioneira" con 20 anos de "inspeccións exhaustivas" das atraccións das Festas da Peregrina
Por Redacción |
-
Dispositivo especial de tráfico con motivo das Festas da Peregrina
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Pontevedra 'bota por fóra' na primeira fin de semana de agosto, á espera das aglomeracións das festas
Por Mosrey Fotografía & Redacción |