A contratación o alumeado das festas e o mantemento da sinalización da Boa Vila
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
O Concello de Pontevedra vén de aprobar este xoves o inicio do expediente de contratación para o alumeado de Nadal, do Entroido e do vindeiro verán.
Segundo explicou a alcadesa en funcións, Eva Vilaverde, en total, o orzamento para as tres épocas festivas ascende a 208.000 euros, que se divide en tres lotes distintos: as festas do Nadal deste 2024 (145.600 euros), do Entroido 2025 (28.800 euros) e das Festas do Verán do ano que vén (41.600 euros).
"Queda aprobado deste xeito o procedemento de subministración do alumeado festivo e iniciase o seu expediente de contratación", indicou a alcaldesa nunha comparecencia para dar conta da Xunta de Goberno Local celebrada a primeira hora da mañá.
Alén dos asuntos que figuraban na orde do día, Vilaverde quixo lembrar que un dos obxectivos do goberno local neste mandato é o de "poñer ao día todas as cuestións que estaban dispersas ou que eran mellorables".
E como mostra desta intención a Xunta de Goberno Local aprobou o inicio do expediente de contratación para o mantemento da sinalización vertical e horizontal en toda a rede viaria do municipio.
"Falamos dun contrato que ascente a 950.400 euros, cun prazo de catro anos máis unha posible prórroga dun ano", indicou Vilaverde.
Para o ano 2024, a contía ascendería a 33.000 euros e no ano 2025 ascendería a 244.200 euros, e os anos 2026 e 2027 a 237.600 euros, namentres o ano 2028 iría a 198.000 euros.
O contrato de mantemento incluíria no ano 2025 unha revisión desta sinalización nas parroquias do municipio.