Non perde puxanza o baile de gala do Liceo Casino con 19 mozas que gozarán a súa posta de longo
![Ramiro](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/a72/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/6352bc9a23-20140207-patxot-ramiro-020.jpg)
Por Ramiro Espiño
Ano tras ano, a Cea Baile de Gala da Peregrina, que organiza o Liceo Casino no seu parque de verán da Caeira, mantén a súa forza e volverá o vindeiro sábado 10 de agosto a converterse nunha das citas máis destacadas do verán pontevedrés.
A sociedade organizadora do evento, comunicou que este ano a Gala contará nada menos que coa participación de 19 señoritas que se inscribiron para realizar a súa posta de longo, nunha cerimonia na que, como é habitual, estarán acompañadas dos seus respectivos padriños.
Unha vez máis, estímase que a esta gran cita social do ano acudirán ao redor dunhas 6.000 persoas, nunha noite que, como é habitual ano tras ano, servirá de reencontro de amigos e familiares.
Tanto a cea de gala como todo o servizo de hostalería e restauración posterior ao longo de toda a velada será prestado pola firma La Brisa Atlántica, que servirá un menú composto por Cola de Bogavante sobre tabulé de quinoa, froitas deshidratadas e vinagreta de mango, Rodaballo braseado sobre tallarines de cabaza e aceite verde, Pastel de carnes ibéricas, redución de viño doce e gratén de pataca e Cúpula gold: base de biscoito de chocolate, crema de queixo, Ferrero, Lotus, café, caramelo salgado e cúpula de chocolate gold. Cunha selección de viños: DO Rías Baixas Martín Códax , DO Bierzo Cuatro Pasos Black e Espumoso Alma Atlántica.
Ademais a festa, que dará comezo ás 21:00 horas, dispoñerá dun variado número de ambientes musicais, con diversas pistas de baile e buscando compracer a todos os estilos e idades con música en vivo da Orquestra Chattanooga e varios afamados Dj's.
Haberá servizo de autobuses dispoñible a partir das 21:00 horas e ata a finalización do baile. Paradas na Praza de Galicia e o Parque da Caeira.
Relacionadas:
-
Máis de 500 comensais na Cea-Baile do Liceo Casino
Por Cristina Saiz & Ramiro Espiño |
-
Éxito de asistencia e organización na tradicional Cea Baile de Gala do Liceo Casino
Por Cristina Saiz & Ramiro Espiño |
-
Aumenta o número de participantes no Torneo de Bridge do Liceo Casino
Por Redacción |
-
"Éxito absoluto" da 27 edición da Cea Solidaria da Asociación Española Contra o Cancro en Pontevedra
Por Redacción |
-
O Rotary Club recoñece á empresa Connorsa co Premio Servir
Por Redacción |
-
Rogelia dos Outeiros leva o seu espectáculo 'Soa' ao Liceo Casino con motivo do 8M
Por Redacción |
-
Nun emotivo acto, o Liceo Casino rende homenaxe a 12 novos socios de honra
Por Mónica Patxot & Ramiro Espiño |
-
O Liceo Casino revalida éxito no seu Baile de Gala, ao que non falta Rajoy
Por Diego Torrado & Ramiro Espiño |
-
RADIO.- Juri Sena, unha nova actriz e modelo xaponesa que se presenta no Baile da Peregrina do Casino
Por Marisa Ciordia |
-
Los Secretos rememoran a movida madrileña no Liceo Casino
Por Mónica Patxot & Redacción |