As zonas verdes de Pontevedra énchense de cor con máis de 2.600 novas plantas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Concellaría de Servizos Urbanos Básicos está a rematar nestes días a plantación de 2.644 unidades de 35 especies distintas de plantas que darán cor e luz a varios lugares de Pontevedra.
Esta plantación, que comezou na primavera, estase a realizar en parques, xardíns, rotondas, escavas ou medianeiras. Pero este ano, debido ás intensas choivas e ao mal tempo, estes labores prolongáronse no tempo e aínda non finalizaron.
As últimas actuacións, entre outros lugares, estanse a realizar na rotonda de Doce de Novembro, Augusto García Sánchez, Eduardo Pondal, Cruz Vermella, Camiño Vello de Castela, Avenida de Vigo ou Pintor Laxeiro.
Ademais de planta de tempada, tamén empregan especies vivaces, que son plantas herbáceas non leñosas e perennes. Florecen durante o verán e no inverno a súa raíz permanece viva para cando chegue a primavera volva a florecer repetindo o ciclo ano tras ano con maior forza.
Relacionadas:
-
Os menores de 36 anos terán prioridade para lograr a metade das 74 novas vivendas de promoción pública de Valdecorvos
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A Xunta considera "ambientalmente viable" o proxecto do parque eólico Serra da Fracha
Por Anxo Lourido |
-
Pontevedra planea unha zona de baño na Xunqueira de Alba e recuperar o canal interior da Illa das Esculturas
Por Alejandro Espiño |
-
"Por primeira vez, disporemos de 5 millóns de euros destinados en exclusiva para mantemento na cidade e no rural"
Por Oskar Viéitez |
-
Así foi a instalación da nova pasarela metálica sobre o río Gafos
Por Oskar Viéitez |