As Ruínas de San Domingos reabrirán este martes ao público
Por Redacción
As Ruínas de San Domingos volverán abrir as súas portas este martes 16 de xullo tras finalizar a actuación de retirada de plantas das ábsidas.
Os traballos, que comezaron o pasado luns, permitiron erradicar as plantas superiores que se atopaban no recinto e supuñan un risco para a integridade do ben.
A actuación completouse coa eliminación da sucidade superficial do recinto e coa colocación de morteiro naqueles lugares nos que se retiraron os elementos vexetais.
Desde a Deputación indican que a eliminación das plantas realizándose tesoiras de poda, escalpelos, bisturís e paus de hisopo de diferente groso, acentuando o coidado nas zonas máis sensibles como arestas vivas ou desprazamentos, co fin de extraer as raíces e terra das xuntas.
Ademais, trala retirada das plantas, tapáronse os ocos e seláronse as xuntas nas que estaban asentadas con morteiro de cal hidráulica entoada con pigmentos inorgánicos. Tamén se aproveitou a intervención para eliminar a sucidade superficial, con limpeza en seco.
O horario de apertura das ruínas é de martes a domingo entre as 10:00 e as 14:00 horas e de entre as 16:00 a 19:30 horas de martes a sábados.
Relacionadas:
-
A Deputación de Pontevedra destina 3,1 millóns de euros á conservación de firmes
Por Oskar Viéitez |
-
Instalan andamios para a retirada das malas herbas das Ruínas de San Domingos
Por Redacción |
-
O alumnado do Vidal Portela aprende nas Ruínas de San Domingos como se restaura o patrimonio
Por Redacción |
-
Comezan os traballos de conservación do cruceiro das Ruínas de San Domingos
Por Redacción |