O BNG critica o primeiro ano de goberno do PP en Poio: "un ano de retrocesos"
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O BNG de Poio realizou este xoves unha avalización do primeiro ano de goberno do PP no concello, cualificándoo como "un ano de retrocesos".
A portavoz municipal do BNG, Marga Caldas, sinalou que o goberno de Ángel Moldes non avanzou en proxectos importantes e vive das rendas do anterior equipo de goberno.
Caldas destacou que o proxecto máis necesario e demandado pola veciñanza, o novo centro de saúde, está paralizado malia que o anterior goberno xa adquirira os terreos na Canteira de Graña. Segundo o BNG, estes terreos foron convertidos nun vertedoiro, exemplificando o abandono dos servizos públicos.
Ademais, proxectos paralizados pola Xunta durante anos, como a mellora da seguridade viaria na PO-308 ou o polígono de Fragamoreira, seguen bloqueados. Os espazos públicos tamén sofren abandono, especialmente as zonas verdes e sendeiros azuis, xerando descontento entre a veciñanza.
En canto á xestión económica, Caldas acusou o PP de mentir sobre a débeda e os impostos, xa que non só non baixaron os impostos, senón que aprobaron novas operacións de crédito, como a de máis de 700.000 euros en setembro de 2023.
O BNG tamén criticou a hipocrisía do PP respecto aos soldos públicos, destacando os elevados salarios dos edís e a contratación dun asesor adicional para suplir as carencias do goberno.
Ademais, denunciaron a promesa incumprida de recuperar o servizo de pediatría polas tardes e a falta de renovación do contrato de xestión do lixo coa empresa Valoriza, que levou á convocatoria dunha folga.
"O Partido Popular mentiu a todos os veciños de Poio para chegar ao goberno”, asegurou Caldas.
Caldas concluíu que o alcalde e os edís están a provocar unha regresión en Poio, actuando sen mirar polo ben da xente. A portavoz do Bloque comprometeuse a seguir defendendo os intereses de todos e a realizar unha oposición activa fronte á parálise e retroceso do goberno actual.
Relacionadas:
-
Estudan alternativas para corrixir o proxecto da estrada Portosanto-Campelo e mellorar a seguridade viaria
Por Redacción |
-
Poio solicita autorización a Costas para repoboar a praia de Cabeceira con árbores axeitadas
Por Redacción |
-
ADEGA e APDR rexeitan a proposta do Concello de Poio de urbanizar parte da zona norte da Illa de Tambo
Por Redacción |
-
O PP rexeita unha iniciativa do BNG sobre sanidade en Soutomaior e acusa o Concello de "entorpecer" o centro de saúde
Por Natalia Puga |
-
O PP comprométese na Seca a loitar contra os "cidadáns de primeira e de segunda, en función do barrio no que vivan"
Por Redacción |