Un proxecto do IES Sánchez Cantón, seleccionado na fase final do concurso Ciencia en Acción
Por Redacción
O proxecto que promove o profesor Benito Búa sobre a xeración de sextantes segue dando os seus froitos no IES Sánchez Cantón de Pontevedra.
Esta iniciativa foi seleccionada para participar na fase final do concurso Ciencia en Acción, un certame internacional dirixido a estudantes, profesorado, investigadores e divulgadores da comunidade científica da área xeográfica iberoamericana, que forma parte do Concurso Internacional Science on Stage.
O proxecto do instituto pontevedrés comezou no curso 2018-19. O obxectivo era atopar un sistema que permitise crear un instrumento de medida de ángulos para ser utilizado nas aulas.
Ese instrumento seleccionado foi un sextante.
Durante o proxecto levaron a cabo arquivos de impresión en formato 3D das pezas que conforman un sextante.
O alumnado tamén construíu estes elementos reproducindo pezas con resina de poliuretano e, ademais, crearon outros instrumentos históricos vinculados á navegación.
Ao mesmo tempo, estes sextantes foron empregados para realizar prácticas.
Ciencia en Acción celebra en outubro de 2024, en Avilés, a edición número 25 e é un concurso referente para o fomento da ciencia dunha forma motivadora e atractiva.
Relacionadas:
-
Alumnado do Sánchez Cantón probará no mar un sistema de localización de barcos deseñado por eles mesmos
Por Redacción |
-
O alumnado do Sánchez Cantón, premiado nunha feira de inventores
Por Redacción |
-
Dous proxectos do IES Sánchez Cantón participarán na Maker faire Galicia
Por Redacción |
-
Alumnos e profesores do Sánchez Cantón fabrican sextantes
Por Oskar Viéitez |