Dous proxectos do IES Sánchez Cantón participarán na Maker faire Galicia
Por Redacción
Dous proxectos do I.E.S. Sánchez Cantón, un sobre pseudociencias e outro sobre a xeración de sextantes para uso nas aulas do Instituto, foron seleccionados para participar nas xornadas abertas da quinta edición da Maker faire Galicia que se celebrará os días 6 e 7 de jullo ena Cidade da Cultura.
Segundo os organizadores, a Maker faire Galicia é a feira de inventores máis importante da península e unha das máis importantes de Europa, situándose como unha das cinco con máis visitantes.
O Sánchez Cantón xa participara na edición do 2017, onde gañaran o 2º premio outorgado polo público asistente. Nesta ocasión, presentou dous proxectos e ambos foron seleccionados pola organización da feira para participar.
Un dos proxectos nace como unha tentativa de que os rapaces aprendan a diferenciar entre Ciencia y pseudociencia e dos riscos que ésta última representa.
O proxecto do sextante tiña como obxectivo dispor dun número elevado destes instrumentos para realizar prácticas de matemáticas e outras materias.