Auguran un verán "quentiño" por falta de policías en Vilagarcía
![Natalia](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/9b5/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/577f8fbb69-hkm23_ri.jpg)
Por Natalia Puga
O sindicato Jupol augura un verán "quentiño" en Vilagarcía pola situación que denuncian na Comisaría da Policía Nacional, con ausencia de policías en labores de seguridade cidadá, patrullas e custodia de detidos.
Este sindicato fala de "falta" de policías e tamén de "nula xestión" dos existentes e asegura que non poden realizar funcións de prevención da delincuencia nin prestar o servizo aos cidadáns as 24 horas do día e os sete días da semana.
Segundo denuncia o sindicato, nesta Comisaría teñen quendas con só tres ou catro policías en servizo e teñen que realizar trasladados e custodias de detidos desde a Comisaría aos xulgados ou aos centros de saúde ou hospitais, ao carecer de unidade de seguridade e custodias.
O sindicato explica que xa demandou ao Ministerio do Interior e á Dirección Xeral da Policía a ampliación de postos de traballo nas Comisarías da provincia de Pontevedra, pero a resposta é que fan "oídos xordos" e néganse "reiteradamente" a enviar persoal.
No caso de Vilagarcía, ademais de falta de persoal, consideran que hai quendas de traballo "de dubidosa legalidade" e algúns policías prestan os seus servizos renunciando a vacacións en quendas pactadas. Nestas quendas á carta, renuncian ás vacacións e todo tipo de permisos, incluída conciliación laboral e familiar, e permítenlles traballar única e exclusivamente de noite, prexudicando aos policías que realizan as súas funcións a quendas rotatorias, incluídos fins de semana. Isto, segundo Jupol, "converte aos policías que non están nesas quendas en escravos de situacións irregulares de traballo".
Este sindicato policial xa advertiu da situación ao subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, para que adopte as mediadas oportunas.
Relacionadas:
-
Abel Losada destaca que os planteis policiais creceron un 18% en seis anos
Por Redacción |
-
Queixas polo traslado de persoal para as comisarías de Pontevedra: "Hai máis xefes por despacho que traballadores"
Por Oskar Viéitez |
-
Os sindicatos policiais reclaman máis seguridade cidadá, máis medios e máis policías
Por Oskar Viéitez |
-
Concentración de sindicatos policiais: "Estamos abandonados pola Administración e a Xustiza tampouco nos entende"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Tres sindicatos policiais piden a dimisión da subdelegada do Goberno pola xestión da Comisaría de Vilagarcía
Por Redacción |
-
A subdelegada do Goberno apoia o traballo policial en Vilagarcía fronte ás críticas sindicais
Por Redacción |
-
Os sindicatos policiais JUPOL, CEP e ASP únense para solicitar o cesamento de Luis Hombreiro como Xefe da Policía Nacional de Vilagarcía
Por Redacción |