Os sindicatos policiais reclaman máis seguridade cidadá, máis medios e máis policías
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/b37/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/653a493702-img_20231026_120857.jpg)
© PontevedraViva
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/2dc/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/653a495a4f-img_20231026_120837.jpg)
© PontevedraViva
Os sindicatos policiais concentráronse ante a Subdelegación do Goberno de Pontevedra para reclamar "máis seguridade cidadá, máis medios, máis policías, cero agresións a policías".
O acto de protesta tivo lugar este xoves ao mediodía convocado polo sindicato Jupol (Justicia Policial) e contou coa participación do Sindicato Unificado de Policía (SUP) e da Confederación Española de Policía (CEP).
O secretario provincial de Jupol, Juan Cabo explicou que o obxectivo desta mobilización foi reivindicar unha ampliación do catálogo de postos de traballo, para a Comisaría de Pontevedra, a de Vigo-Redondela, de Marín, Vilagarcía, Tui e Unidades de Estranxeiría e Documentación de Salvaterra e Lalín.
Segundo sinalou este portavoz sindical, o catálogo de postos de traballo nas Comisarías da provincia de Pontevedra é de hai máis de 20 anos e "no se corresponde con la realidad actual".
Apuntan que o incremento de habitantes nas cidades galegas, onde a Policía Nacional, ademais ampliou as súas competencias, "ha provocado una merma en el personal policial que a día de hoy no cubre las necesidades de las comisarías de la provincia". E engaden que o mesmo ocorre en servizos administrativos, así como servizos de postos fronteirizos, portos, aeroportos, grupos de Policía Xudicial, Unidades de Estranxeiría e Fronteiras etc.
Ademais, alertaron de que "también se ve afectada la seguridad ciudadana" pola retirada de efectivos policiais para cubrir aqueles postos que se atopan sen catalogar.
Na concentración tamén se denunciou que los medios materiales se encuentran obsoletos y son escasos" e que o material policial novo recíbese en pequenas cantidades.
"Hay vehículos con más de 20 años de antigüedad, faltan algo tan esencial como chalecos antibala, guantes anticorte y pinchazo, y otros medios", aseguraron.
Os responsables sindicais coincidiron en sinalar que todas estas carencias derivan en que cuando los agentes policiales tienen que actuar, se encuentran en minoría en muchas ocasiones" fronte aos delincuentes o que provoca "faltas de respeto, resistencia-desobediencia, atentados contra agentes de la autoridad" entre outras incidencias.
"El consumo de alcohol, drogas, deriva en que el Policía, su actuación sea blanco fácil de los que quebrantan las leyes", alertaron.
Por todo iso, estes sindicatos solicitan "unha maior cobertura xurídica, mellores materiais e actualizados para desempeñar o noso traballo, maior presenza policial, aumentar o catálogo de postos de traballo" argumentando que todo iso repercutirá "en beneficio dos cidadáns".
Relacionadas:
-
Auguran un verán "quentiño" por falta de policías en Vilagarcía
Por Natalia Puga |
-
Abel Losada destaca que os planteis policiais creceron un 18% en seis anos
Por Redacción |
-
Policías nacionais e gardas civís piden a dimisión de Marlaska polo agravio salarial e de pensións en que continúan
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Queixas polo traslado de persoal para as comisarías de Pontevedra: "Hai máis xefes por despacho que traballadores"
Por Oskar Viéitez |
-
O PP reclama ao Ministerio de Interior unha nova comisaría para a Boa Vila
Por Oskar Viéitez |
-
O SUP denuncia o mal estado das comisarías de Pontevedra e Marín e solicita inspección técnica aos concellos
Por Oskar Viéitez |
-
O PP de Pontevedra propón crear un botón do pánico na cidade para alertar en situacións de emerxencia
Por Redacción |
-
Prisión para oito detidos na operación 'Mar Rice' contra o narcotráfico
Por Oskar Viéitez |
-
Desarticulan un importante punto negro de venda de droga nun piso de Monte Porreiro
Por Natalia Puga |