Abel Losada toma nota das demandas do corpo de Policía na provincia
Por Redacción
O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, mantiña este martes 12 un encontro de traballo con responsables do Sindicato Unificado de Policía nesta provincia. Durante a reunión repasáronse as demandas profesionais do Corpo nesta área territorial.
Ademais de dar conta das necesidades que atopan no exercicio diario do seu labor, tanto laboral como profesionalmente, os portavoces sindicais tamén expuxeron o seu criterio sobre o servizo que prestan. Losada comprometeuse a manter un diálogo fluído co sindicato a fin de dar traslado ás instancias superiores das súas reivindicacións e ir dándolles resposta.
Na sesión celebrada na Subdelegación participaron o secretario xeral do SUP, Roberto González; a secretaria provincial, Sandra Fernández; a secretaria local, María Martínez e o secretario de Relacións Institucionais, ademais de secretario dos Tedax, Jesús Vasconcellos.
Relacionadas:
-
Axentes da Policía Nacional imparten unha charla para evitar comportamentos intolerantes no deporte
Por Anxo Lourido |
-
Critican que os policías nacionais de Pontevedra teñan que aprender con vídeos a facer un RCP ou usar un desfibrilador
Por Oskar Viéitez |
-
A Policía Nacional intensifica a vixilancia na contorna dos centros educativos
Por Redacción |