Dous cans perigosos escapan dunha leira e atacan un home e á súa mascota
Por Oskar Viéitez
A Policía Local de Poio informou dun incidente ocorrido ás 21.30 horas deste venres cando foron alertados de que dous cans de raza potencialmente perigosa atacaran un viandante e a outro can na zona de Raxó.
Despois de identificar o propietario, os axentes municipais comprobaron que os cans de raza pitbull fuxiran dunha parcela que, segundo sinalaron, "non reúne as condicións para que non saian, tendo o enreixado de peche roto".
Ademais, fontes oficiais da Policía Local de Poio informaron que constan antecedentes policiais pois xa tiña orde de arranxar a peche da parcela xa que estes cans foron identificados soltos na casa doutro veciño o día 1 de marzo de 2024.
O propietario destes pitbull carece de licenza municipal e xa fora proposto para sanción, tramitada ante a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
Agora solicítase a retirada urxente dos cans, como medida cautelar, polo ataque a persoas e a outros animais e a tenencia carecendo de licenza. A proposta será tramitada de novo ante a Consellería de Medio Ambiente.
Por sorte as lesións do viandante atacado e da súa mascota son leves, aínda que se reclamarán os danos e gastos producidos.
Relacionadas:
-
Campaña de sensibilización para escolares contra as cacas dos cans
Por Oskar Viéitez |
-
Un pitbull que atacou unha señora hai dúas semanas mata un gato en Raxó
Por Natalia Puga |
-
Un condutor quintuplica a taxa de alcohol permitida despois de causar un accidente en Lourido
Por Anxo Lourido |
-
Accidente múltiple na autoestrada á altura de Alba cunha ducia de vehículos implicados e varias persoas feridas
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
A saraiba deixa varias saídas de vía sen feridos en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Convocan unha nova batida para atopar á cadela Molly
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
Detido un veciño de Meaño polo roubo na Confraría de pescadores de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |