Aprazado o Entroido de Poio para o venres 1 e sábado 2 de marzo
Por Oskar Viéitez
O Concello de Poio vén de comunicar que as previsións climatolóxicas para esta fin de semana obrigan, finalmente, a aprazar o Entroido para o venres 1 e o sábado 2 de marzo.
Así, o venres 1 de marzo, ás 18:00 horas terá lugar a festa familiar de Entroido con Gran Barafunda Animación. Ás 21:00 horas será a pasarela de Entroido, a exhibición de comparsas e animación musical con Dolce Vita. Todo nas instalacións da Seca.
Para o sábado 2 de marzo, ás 12.00 horas está prevista a saída do desfile principal de Entroido de Poio, dende a biblioteca municipal ata a Praza da Granxa, en Campelo.
Tamén para ese sábado, ás 21:00 horas, trasládase o enterro do Galo Fodorico que se celebrará na Praza do Mosteiro, e ás 21:30 horas comezará a festa Choqueira con chocolate quente e a actuación do Trío Arena.
Relacionadas:
-
Poio segue de Entroido co enterro do Galo Fodorico e a Festa Choqueira
Por Redacción |
-
Alta participación de comparsas e grupos no desfile do Entroido en Poio
Por Redacción |
-
Cor, música, animación e moito baile na primeira Pasarela de Entroido de Poio
Por Redacción |
-
O Entroido de Poio celébrase esta fin de semana
Por Redacción |
-
O Entroido da parroquia de San Xulián adíase ao 17 de marzo
Por Redacción |
-
Poio conta con máis de 200 familias numerosas
Por Redacción |
-
Completa fin de semana de Entroido en Poio con pasarela de comparsas, desfile e o enterro do Galo Fodorico
Por Redacción |