A camelia, protagonista en Marín durante esta fin de semana
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A camelia volveu ser protagonista en Marín durante esta fin de semana coa sétima edición da 'Mostra Camelias e Mar' no Museo Municipal Manuel Torres.
Tras a inauguración deste sábado, a mostra estará aberta ao público ata Eeste mesmo domingo ás 20:00 horas.
Paralelamente a ela, na Alameda de Marín pode gozarse da exposición itinerante 'A camelia, flor de galegos e galegas', que recalou na vila despois de pasar pola praza de Santa María de Pontevedra.
Esta mostra ao aire libre está composta por imaxes e textos que desvelan algunha que outra curiosidade da flor.
Imaxes da VII 'Mostra Camelias e Mar' no Museo Manuel Torres
O Museo Manuel Torres acolle durante esta fin de semana a sétima edición da Mostra 'Camelias e Mar'
© Concello de Marín