Colorido desfile de Entroido en Caldas de Reis
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A ameaza climatolóxica non freou as ganas de entroido en Caldas de Reis, cun concorrido desfile este domingo 11 de febreiro que estreou percorrido polo centro da vila.
A xornada contou cunha gran participación de grupos, comparsas e disfraces dandolle cor a unha das citas grandes do Entroido local.
O desfile partiu ao redor das 17.00 horas do Paseo Román López para dirixirse pola rúa das Palmeiras e terminar pola rúa Real de novo cara ao Paseo Román López.
Tras a marcha a entrega de premios ás mellores propostas celebrouse no Auditorio.
Desfile de Entroido en Caldas de Reis
A ameaza climatolóxica non freou as ganas de entroido en Caldas de Reis, cun concorrido desfile que estreou percorrido polo centro da vila e que contou cunha gran participación
© Concello de Caldas de Reis