A Xunta conclúe traballos preventivos contra incendios en montes de Cerdedo-Cotobade
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Varios montes veciñais dos concellos de Forcarei e Cerdedo-Cotobade foron obxecto de traballos preventivos para facilitar a defensa contra os incendios forestais. Uns traballos que correron a cargo da Consellería do Medio Rural a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte.
As actuacións acometidas neste distrito forestal do Deza-Tabeirós consistiron na mellora de devasa, roza mecanizada da plataforma de pistas forestais, roza das faixas auxiliares de pistas e mellora de pistas. A superficie sobre a que se traballou é de vinte e sete hectáreas.
Coa mellora de devasa preténdese interromper a vexetación para crear e mellorar liñas de defensa, o que dificulta a propagación do lume e facilitando ao mesmo tempo os traballos de extinción nestas zonas estratexicamente localizadas. A maquinaria coa que se traballa son tractores con rozadora de cadeas, pas e tamén se fan traballos de forma manual.