Diversión e gastronomía local co Entroido de Cobres
Por Redacción
Co reto de despertar sorrisos no seu percorrido polos barrios do municipio, o Entroido de Cobres afronta a súa segunda xornada de celebración.
Do mismo xeito que ocorrerá tanto luns como martes, as parellas de madamas e galáns comezarán a súa andaina ás 10:00 horas e non pararán (agás para comer) ata a súa chegada á carpa situada en Riomaior, que está prevista sobre las 19 horas. Unha vez finalicen as danzas será o turno da actuación do trío La Noche.
Dende o Concello de Vilaboa convidan á cidadanía de toda a contorna a achegarse a gozar da tradicional festa e descubrir a gastronomía típica destas datas da man da hostalaría local.
Haberá postos de polbo e bebida na propia carpa na xornada do martes, mentres que os numerosos restaurantes, taperías e cafeterías do municipio incluirán nas súas cartas o típico cocido, lacón con grelos, o bolo do pote ou o bandullo, así como filloas e orellas.
A listaxe de establecementos co contacto para facer reserva previa de mesa nestes próximos días está recollida na páxina web do Concello.
A concelleira de Promoción Económica, Carmen Gallego, destaca tamén a variada oferta de aloxamento que ofrece Vilaboa para programar unha escapada coincidindo co entroido e descubrir paraxes naturais como o entorno das Salinas ou a Ruta dos Muíños de Riomaior.
Relacionadas:
-
Que é para ti o Entroido de Cobres? Píntao e podes gañar un premio
Por Redacción |
-
A Morada, unha cita na que Vilaboa homenaxea á familia do Entroido de Cobres
Por Oskar Viéitez |
-
Máis de 3.000 personas apoian que o Entroido de Cobres sexa Festa de Interese Turístico Nacional
Por Redacción |
-
Cobres encara o día de grande do seu entroido coa tradicional corrida do galo
Por Redacción |
-
Para trasnadas, as deste luns cos maghachos do entroido de Cobres
Por Redacción |
-
A ameaza de Karlotta non estroperá o Entroido de Cobres
Por Redacción |
-
O Entroido de Cobres preséntase polas parroquias
Por Redacción |
-
Fitur avanza o contido do Entroido de Cobres
Por Anxo Lourido |
-
O tradicional Entroido de Cobres bota man das novas tecnoloxías
Por Oskar Viéitez |