Cobres encara o día de grande do seu entroido coa tradicional corrida do galo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Vilaboa espertará este martes 13 con xornada de festivo local na que se desenvolve o día grande do seu entroido. O programa previsto arrincará ás 10.00 horas e ata as 13.00 horas farase o percorrido de madamas e galáns polos barrios. Á primeira hora comezará a sesión vermú amenizada polo Trío Digital e para prolongar o mediodía tamén haberá comida na que non faltará o polbo e o churrasco.
Pola tarde será o momento para outra das citas masivas en Cobres durante estas datas e outra das tradicións que identifican a este entroido de Interese Turístico en Galicia e que aspira a selo tamén de interese nacional: a corrida do galo. O evento estará presentado polo humorista televisivo Isi.
Desenvolverase o 'galo no río', no que os participantes cruzan unha vara de madeira engraxada sobre o río co obxectivo de coller un galo que está suxeito ao extremo da madeira. Tamén o 'galo na vara', que é outra variante da anterior, pero coa escalada en vertical.
A tarde continuará con máis concursos e para ir coas últimas horas do entroido de Cobres, Leti da Taberna exercerá como predicadora nesta edición para proceder co sermón do galo e seguidamente a súa queima. A xornada festiva terminará cunha tirada de fogos artificiais e unha sesión musical a cargo do Dj Gabry.
Relacionadas:
-
Que é para ti o Entroido de Cobres? Píntao e podes gañar un premio
Por Redacción |
-
A Morada, unha cita na que Vilaboa homenaxea á familia do Entroido de Cobres
Por Oskar Viéitez |
-
Máis de 3.000 personas apoian que o Entroido de Cobres sexa Festa de Interese Turístico Nacional
Por Redacción |
-
Para trasnadas, as deste luns cos maghachos do entroido de Cobres
Por Redacción |
-
Diversión e gastronomía local co Entroido de Cobres
Por Redacción |