A vicepresidenta da Deputación deixará a política despois das eleccións galegas
Por Oskar Viéitez
A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra e presidenta do Partido Popular de Vigo, Marta Fernández-Tapias, deixará a política despois das eleccións galegas.
Cunha mensaxe en Twitter (agora chamada X), Fernández-Tapias confirmou que, tras os comicios galegos, iniciará "una nueva etapa", apartada da vida política.
"Apuesto por mi vida personal", expón na súa mensaxe.
Nesa mensaxe, criticou que fose o PSOE o que se adiantou para dar a coñecer esta decisión, cunhas declaracións da portavoz da Executiva do Partido Socialista en Vigo, Yolanda Aguiar, remitidas aos medios e nas que dicía que Fernández-Tapias "abandonará la política local, nunca tuvo a Vigo entre sus prioridades. Esta decisión no viene más que a confirmar la ausencia total de interés de la señora Fernández-Tapias y del Partido Popular de Vigo por esta ciudad y sus ciudadanos".
Muy mal le tiene que ir al PSOE para esto. De lo que toca hablar es del futuro de Galicia. No respetan nada ni nadie. Apuesto por mi vida personal y eso me corresponde a mí. Efectivamente, abriré una nueva etapa tras ganar las autonómicas al PSOE en Vigo y con Rueda de presidente
— Marta Fdez-Tapias (@martaftapias) February 2, 2024