Domingo de paseo en Laño para poñer en valor os sendeiros azuis
Por Redacción
A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, percorreu este domingo un tramo da senda de Laño, en Poio, que foi incluída este ano na lista de carreiros azuis elaborada pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac).
Fíxoo acompañada, entre outros, polo alcalde Ángel Moldes e o delegado territorial da Xunta, Agustín Reguera, para poñer en valor a importancia destas rutas como recurso para gozar da natureza, da práctica deportiva ao aire libre ou simplemente do medio ambiente.
Cabe lembrar que Poio conta este ano con catro sendeiros azuis, xa que ademais de Laño contan con este recoñecemento a Ruta dos Muíños de Samieira, o sendeiro litoral de Poio e a varienta espiritual do Camiño Portugués.
Vázquez destacou ademais que Galicia suma este ano 49 destes distintivos, 14 máis que en 2023, con preto de 320 quilómetros de carreiros.
Relacionadas:
-
Un coche provoca danos na senda peonil de Laño
Por Diego Espiño |
-
Os Sendeiros Azuis das Rías Baixas recollen as súas bandeiras
Por Redacción |
-
O BNG en Poio denuncia abandono en mantemento, limpeza e servizos
Por Redacción |
-
Pontevedra suma novos sendeiros azuis
Por Oskar Viéitez |
-
A Ruta dos Muíños de Samieira e a senda do Laño, candidatos ao distintivo de sendeiro azul
Por Redacción |