63 novas altas en Marín en Rede, que se afianza como escaparate para o comercio local
Por Redacción
Marín en Rede, a plataforma que naceu en plena pandemia para axudar á visibilización da economía local, segue a dar pasos de xigante e xa conta cun total de 264 fichas de negocio multimedia activas.
A día de hoxe, explicou a concelleira de Comercio, Cristina Acuña, "o comercio local e toda a nosa economía local segue tendo retos importantes nos que temos que axudar e Marín en Rede está a demostrar ser unha boa ferramenta para iso".
De feito, na web pódense consultar actualmente os datos de 264 comercios locais e ver un vídeo promocional dos mesmos. "Este aumento", indicou Acuña, "destaca a solidez e atracción de Marín en Rede para as empresas, cunha ampliación constante do seu directorio que mellora as experiencias dos usuarios e contribúe ao desenvolvemento económico local".
Desde o Concello sinalan tamén o aumento de seguidores nas redes sociais, tendo en Facebook 2.028 seguidores e 1.428 Instagram. A gran maioría deles proceden de Marín e de Pontevedra, aínda que tamén seguen as publicacións e promocións comerciais persoas de Vigo, Bueu, Cangas, Moaña, Poio e Sanxenxo.
No caso das publicacións, nas 108 publicacións que se realizaron, 41 delas son reels ou vídeos cortos de promoción dos negocios "que sabemos que funcionan estupendamente, porque nos axudan a poñerlle cara ás persoas que rexentan os negocios e nos permite achegarnos a todo o que ofrecen de forma atractiva e amable".
A concelleira asegurou que Marín en Rede seguirá traballando para que no 2024 os números sexan tan positivos coma no 2023 e adianta que de cara á primavera "traballaremos nalgunha campaña e acción de rúa que siga visibilizando e apoiando o noso comercio e hostalaría".
Relacionadas:
-
Marín e o seu comercio local, unidos por San Valentín
Por Redacción |
-
Marín en Rede cumpre un ano con máis de 200 establecementos adheridos
Por Redacción |
-
Marín en Rede estrea a súa web con información multimedia dos negocios adheridos
Por Redacción |
-
Marin en Rede pon cara ao comercio local para apoiar a economía do municipio
Por Redacción |
-
Nace 'Marín en Rede', un espazo para dixitalizar o comercio e a hostalería local
Por Redacción |