Marín en Rede cumpre un ano con máis de 200 establecementos adheridos
Por Redacción
Marín en Rede está de aniversario. Con motivo de axudar á economía local, afectada pola pandemia da covid-19 e as súas restricións, o Concello de Marín iniciou, xa fai un ano, unha serie de traballos para mellorar a competitividade, a dixitalización e a visiblidade do comercio, hostalería e outros negocios.
Así crearon Marín en Rede, un proxecto supuxo unha inversión inicial de 110.000 euros, cofinanciados a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea. Iniciouse fai un ano, en maio de 2020, e xa conta con 200 establecementos adheridos.
"Queremos apoiar o emprendemento, o emprego e apostar pola diversificación económica, pero tamén cremos necesario que a nosa economía local gane en competitividade, especialmente no mundo dixital", asegurou a alcaldesa, María Ramallo, que explicou que, con Marín en Rede, creouse un "escaparate virtual" que favoreceu á visiblidade e promoción entre marinenses e clientes doutros territorios.
Nesa liña, as redes sociais axudan coa iniciativa #PonllesCara, que permite coñecer en primeira persoa aos responsables dos establecementos. Tamén realizaron dous vídeos de promoción: un cerca do final do primeiro confinamento e outro en Nadal, #EmbaixadoresDoNoso.
Ademais, impulsáronse campañas como a da primavera, que deixou un impacto de 32.000 euros segundo os tickets de compra canxeados ou a das tarxetas regalo do Nadal, que supuxo un impacto de 82.000 euros para a economía local.
Nestes momentos están a desenvolver un curso de dixitalización da man de Natalia Maquieira, experta en redes sociais, creación de contido e xestión de imaxe dixital, organizado por APE Galicia e financiado polo Concello e do que se están a beneficiar case 30 negocios de Marín.
Relacionadas:
-
63 novas altas en Marín en Rede, que se afianza como escaparate para o comercio local
Por Redacción |
-
O PSOE de Marín reclama axilidade nas axudas para os comercios máis afectados pola covid-19
Por Redacción |
-
Aprobada a instrución previa á ordenanza das terrazas de Marín
Por Redacción |
-
Os establecementos de Marín en Rede poñen as rosas no Día do Libro
Por Redacción |