Nace 'Marín en Rede', un espazo para dixitalizar o comercio e a hostalería local
Por Redacción
A crise sanitaria pola COVID-19 derivará nunha complicada situación financeira para a economía local do país e, por tanto, tamén para Marín, expoñen desde o Concello.
Por iso, estiveron traballando durante estas últimas semanas nun plan de reactivación local que vira ao redor de varios eixos de traballo.
O primeiro deles engloba ao comercio e á hostalería. Para iso ofreceron unha serie de medidas económicas relativas aos principais pagos que asumen os establecementos como as taxas polo servizo de recollida de lixo ou a taxa por ocupación da vía pública de mesas e cadeiras.
Paralelamente, o Concello tamén presentou a plataforma #MarínEnRede, un espazo co que dinamizar e dotar de maior visibilidade ao comercio local. Para iso crearase un directorio online de todos os establecementos dos diversos puntos de Marín "para conseguir englobar nun mesmo espazo ao noso comercio, posicionándoo na web", explica a concelleira de Comercio, Cristina Acuña.
Ese directorio poderase atopar na web www.marinenrede.com que aínda está en construción pero que teñen previsto lanzala "a mediados deste mes". O que si está habilitado é un formulario para que os comercios e negocios poidan darse de alta.
Segundo explica Acuña, o obxectivo do formulario é dobre: "por unha banda queremos que os comercios pasen a formar parte dun directorio e das campañas que se vaian articulando baixo esta marca, pero ademais queremos saber como é a súa situación actual, de maneira individualizada, ante a crise producida pola COVID-19".
Así mesmo, durante as próximas semanas o Concello seguirá mantendo contacto cos sectores comerciais e de hostalería para continuar o desenvolvemento de accións marcadas nesta iniciativa e coñecer o seu interese en canto a participar en campañas de dinamización e en formar parte dun futuro Market Place.
Relacionadas:
-
63 novas altas en Marín en Rede, que se afianza como escaparate para o comercio local
Por Redacción |
-
O Pleno de Marín aproba o Plan de reactivación do comercio local
Por Redacción |
-
Marín propón un pago de impostos e taxas municipais flexible e fraccionado
Por Redacción |
-
Marín en Rede estrea a súa web con información multimedia dos negocios adheridos
Por Redacción |
-
Marín extrema as precaucións para autorizar a venda de verduras na Praza de Abastos
Por Redacción |
-
Marin en Rede pon cara ao comercio local para apoiar a economía do municipio
Por Redacción |
-
Marín reparte máscaras e pantallas entre os negocios que reinician a súa actividade
Por Redacción |
-
Exención de impostos e aposta pola venda online, medidas do Concello de Marín para salvar a súa economía
Por Redacción |
-
Marín suprime o pago de impostos a comercios e locais de hostalería durante o estado de alarma
Por Redacción |