Profesorado de Asturias visita o Colexio de Chancelas para coñecer o seu modelo de biblioteca escolar
Por Oskar Viéitez
Unha delegación de Asturias visita estes días Galicia para coñecer o funcionamento do modelo de bibliotecas escolares do sistema educativo galego como un exemplo a seguir.
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, acompañou aos 24 mestres de 14 centros asturianos nunha visita ao Colexio CEIP de Chancelas, en Poio, moi implicada en distintos programas educativos ao abeiro do Plan de mellora de bibliotecas escolares da Xunta de Galicia, Plambe, do que forma parte este centro desde o ano 2016.
Os docentes da comunidade veciña teñen iniciado un proceso de dinamización das súas bibliotecas, polo que esta visita responde ao obxectivo de compartir experiencias e formarse sobre os distintos programas asociados ao Plambe como Biblioteca Creativa, Radio na Biblio, Lectura e Familias ou Club de Lectura, entre outros.
Este centro tamén levou a cabo unha importante transformación física da súa biblioteca, un espazo que inclúe emisora de radio e plató de televisión. Ademais, está dotada con importante equipamento innovador como impresoras 3D e materiais de deseño, construción e robótica.
Ademais do Colexio de Chancelas, tamén coñecerán o funcionamento destes programas no Colexio CEIP da Lama, de Meaño-Covas e do Instituto IES Cotarelo Valledor de Vilagarcía de Arousa.
Relacionadas:
-
Poio inaugura os 'bancos da paz' nos colexios como espazo "de diálogo e de apertas"
Por Redacción |
-
Novo reto para fomentar a lectura entre a poboación de Poio
Por Redacción |
-
Premiado o alumnado do IES Ramón Cabanillas polo documental 'A memoria das aulas'
Por Redacción |
-
Continúa o horario especial de apertura da biblioteca central do campus nas noites e fins de semana
Por Redacción |