Continúa o horario especial de apertura da biblioteca central do campus nas noites e fins de semana
Por Redacción
Continúan os horarios especiais da apertura das bibliotecas universitarias co obxectivo de facilitar ao alumnado a preparación dos exames do segundo cuadrimestre.
Así, a Biblioteca Central de Pontevedra abre en horario de 09.00 horas a 21.00 horas nas fins de semana ata o domingo 21.
No que atinxe aos horarios nocturnos, despois de suspenderse durante o período non lectivo de Nadal, dende este luns e ata o 19 deste mes, a biblioteca de do campus de Pontevedra permanecerá aberta ata a unha da madrugada.
Durante estes horarios especiais de apertura nocturna e de fins de semana, a biblioteca prestará un servizo de espazo de estudo, pero non outros servizos ordinarios como préstamo, préstamo interbibliotecario, acceso a recursos electrónicos, etc.
A biblioteca da facultade de Belas Artes continuará co horario habitual de 08.30 a 20.45 horas.