Quirónsalud Miguel Domínguez estrea un novo servizo de teledermatoloxía
Por Redacción
O Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez amplía a prestación asistencial da área de Dermatoloxía e Venereoloxía co novo servizo de teledermatolozía de alta resolución.
Este servizo, segundo explican desde o hospital pontevedrés, axilizará o tempo de resposta aos pacientes con enfermidades da pel, diagnosticándoas mesmo nunha fase inicial.
Os estudos demostran que a teledermatolozía permite diagnosticar melanomas en fases moi iniciais, o que posibilita citar ao paciente para que inicie o tratamento de inmediato.
No últimos catro anos, a incidencia do cancro de pel incrementouse nun 40% segundo datos da Academia Española de Dermatoloxía e Venereología (AEDV).
O novo servizo tamén dará resposta ás necesidades de adultos e pacientes pediátricos para unha valoración dermatolóxica rápida pola aparición ou cambios en lunares, lesións mucosas, lesións vasculares como anxiomas ou infecciosas como verrugas ou molluscum.
Quedan fóra deste servizo lesiones baixo a pel ou lesións do coiro cabeludo.
As persoas interesadas poden solicitar unha cita para teledermatoloxía de alta resolución a través do portal de paciente, a APP Quirónsalud, no mostrador de citación do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez ou chamando ao 900 301 013.
O día da consulta, o paciente terá que acudir ao hospital onde o persoal de enfermería tomará fotografías da lesión cun equipo de dermatoscopia dixital.
Estas imaxes son avaliadas por un dermatólogo que enviará un informe de resultados a través da APP nun prazo de 48 horas, de luns a venres. O usuario poderá acceder aos resultados e receitas a través do portal do paciente de Quirónsalud.
Ademais, o paciente recibirá no seu perfil do portal do paciente as citas de consulta sucesivas ou de derivación, priorizando a atención presencial sucesiva para os casos de maior gravidade.
Relacionadas:
-
Quirónsalud pon en marcha novas ferramentas dixitais para mellorar o día a día dos seus pacientes no hospital
Por Noticia patrocinada |
-
Ignacio Lojo, cirurxián vascular en Quirónsalud, entre os 50 médicos máis valorados da sanidade privada segundo Top Doctors
Por Noticia patrocinada |
-
Quirónsalud abrirá un novo centro médico accesible e sostible na Rúa San Pedro Alcántara
Por Noticia patrocinada |
-
Mi Quirónsalud, unha aplicación para xestionar a saúde de toda a familia
Por Noticia patrocinada |
-
Quirónsalud amplía especialidades cun novo servizo de Dermatoloxía ante a elevada demanda de consultas
Por Noticia patrocinada |