'Cos 5 sentidos' engade un segundo podcast dedicado ao Mosteiro de Poio. Se no primeiro episodio a historia deste cenobio, situado na parroquia de San Xoan, foi o fío condutor; neste segundo episodio focalízase a atención no seu patrimonio e historial cultural.
O programa lembra como se formaba aos frades en canto gregoriano, a creación da Schola Cantorum e a Polifonía e as secuelas que tivo unha vez que desapareceu co peche do Colexio Maior do Mosteiro.
O legado cultural que segue custodiándose no mosteiro mercedario reside en boa parte na súa biblioteca onde centos de miles de libros e documentos amontóanse en dieciseis salas. Nunha inmensa maioría, aínda sen clasificación.
Sucede algo similar coa autoría de cadros, de gran ou pequeno formato, situados en salas e corredores do convento, - non expostos ao público -, ou almacenados nas súas dependencias. O podcast completo pode escoitarse na ligazón que se adxunta e para descargar, ou igualmente escoitar, desde a páxina web de PontevedraViva Radio.
'Cos 5 sentidos' é unha publicación divulgativa financiada polo Plan Social Ence (#enceplansocialpontevedra).